Economía, arquitectura e música centran ‘Sanxenxo na Historia’

    xornadassanxenxocopy.jpgSANXENXO> A última xornada será mañá onde, ademais, farase entrega dos premios á labor cultural, social, e galardón de Honra concedidos pola organización.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADAS_SANXENXO_HISTORIA.flv{/flowplayer}

    Economía pesqueira, arquitectura relixiosa, civil e popular e Sanxenxo musical e artístico. Estas foron as tres temáticas escollidas para a terceira edición das Xornadas ‘Sanxenxo na Historia’ que acolle o Náutico do concello. Onte tivo lugar a inauguración á que asistiu a Conselleira do Medio Rural e do Mar. O obxectivo destes encontros é difundila cultura local deste municipio para o que é tamén necesario a investigación e a conservación.

    As xornadas, que se desenvolven a partires das oito da tarde, contan cun aforo de para máis de sesenta persoa e están abertas para tódolos públicos. Amais, sinalou Marcelino Agís asegurou que cada ano escollen aspectos diferentes para debater polo que paga a pena asistir.

    Esta terceira edición inclúe tamén a entrega duns premios que naceron para recoñecela labor de diferentes persoas no eido social e cultural. Nesta ocasión, o galardón no ámbito cultural foi para Otilio Táboas; o concedido á labor social o recollerá María Deza Aguín e o premio de Honra é para o trío musical ‘Los Tres Soles’.

    Os premios entregaranse mañá coincidindo coa terceira e última das mesas redondas que leva por título ‘Sanxenxo musical e popular’.

    Redacción Salnés