A Feira das Tapas mantén o nivel de venta do ano pasado

    VILAGARCÍA> Ahituvi fixo un balance positivo desta edición na que foron vendidas máis de 16.000 tapas.

    {flowplayer}images/salnes/BalanceFeiraTapas_030912.flv{/flowplayer} 

    A cuarta edición da Feiras das Tapas de Vilagarcía rematou cun balance final de algo máis de 16.000 tapas despachadas nas tres xornadas nas que tivo lugar o evento. O dato supón un mínimo e descenso respecto á cifra do ano 2011, no que se chegaron a vender 17.000. Na opinión dos hostaleiros esta pequena diferencia puido estar motivada polo bo tempo que fixo tanto o sábado como o domingo.Ahituvi fai unha valoración moi positiva do desenvolvemento da feira, sobre todo tendo en conta o contexto de crise. 

    Dende a Asociación de Hostaleiros de Vilagarcía subliñaron a melloría en canto á calidade dos productos ofertados. Así mesmo amosaron a súa satisfacción polo feito de que a Feira das Tapas demostrase que se trata dun evento consolidado cun gran poder de atracción independentemente da data na que se convoque. De feito, o máis probable é que para a vindeira edición mantéñase esta data, unha semana despois do ata o de agora habitual.

    A nivel concurso a tapa “Zamburiña en airbag de porco con cremoso de reducción de albariño” presentada pola vinoteca e tapería Derby obtivo o mandil de ouro, o segundo posto foi para a tapa “Gratinado de tomates recheos e queixo de cabra” presentada por Musgo e o bronce para “Arroz negro meloso con chipiróns e alioli de remolacha”, presentada por Mar de Carril.

    Redacción Salnés