CALDAS> Será os días 15 e 16 de setembro e o pon en marcha o ximnasio Condesa Sport en colaboración co podólogo Patricio Serqueira.
{flowplayer}images/salnes/CAMPIONATO_BENEFICO_PADEL.flv{/flowplayer}
Co obxectivo de recadalos maiores fondos posibles, o ximnasio caldense Condesa Sport organizará a fin de semana do 15 e 16 de setembro o II Torneo Benéfico de Padel. O fará en colaboración co podólogo Patricio Serqueira. Os fondos irán destinados á ONG coa que traballa este profesional e que se encarga de axudar a nenos do Salvador con pés equinovaros. O importe da inscrición, dez euros, irá destinado a tal fin.
O torneo, que será eliminatorio, estará aberto para tódolos públicos. Farán varios equipos, en función do nivel, dentro das categorías masculina e feminina. Os partidos arrancarán o sábado ás doce do mediodía e prolongaranse ata o domingo onde se coñecerá ós gañadores. O torneo contará, ademais, con tres padriños de luxo, os deportivas Pablo Coira, Pachi Salinas e Jorge Otero.
Tódolos interesados en participar neste evento benéfico poden incribirse a través do correo electrónico info@condesasport.com ou no teléfono 986 199 599. O prazo remata o día antes do torneo.
Redacción Salnés