O PP de Poio tratará con Sanxenxo a ubicación da EDAR

    EDARPOIO copia.jpg POIO> Desde a formación queren coñecer o posicionamento do goberno sanxenxino á vez que manifesan que Samieira ‘non é a mellor opción’.

    {flowplayer}images/salnes/PP_EDAR_SAMIEIRA.flv{/flowplayer}

    Oposición e goberno local de Poio están de acordo en algo: situar a Estación Depuradora de Augas Residuais no entorno das praias do Laño e O Caeiro non é a mellor opción. Pero desde o Partido Popular non comulgan coa actitude que está a amosar o grupo de goberno. Pídenlle maior implicación e traballar con responsabilidade para conseguir entre tódolos axentes implicados chegar a unha solución beneficiosa para todos.

    Engade Moldes que neste momento non existe proxecto, nin sequera anteproxecto, para instalar a EDAR en Samieira. Só un estudo de posible ubicación. Por iso Augas de Galicia emprazou ó concello a propoñer posibles emprazamentos, tema que se avaliará este venres nunha xuntanza en Santiago. Antes, no PP de Poio manterá nunha reunión con representantes do concello de Sanxenxo para coñecer a súa opinión ó respecto, encontro ó que convidan a todo aquel que queira asistir.

    Segundo o voceiro do PP poiés este é un problema socioeconómico que apremia, posto que se no 2015 non está solucionado, o concello perderá os fondos europeos destinados a este fin. De acontecer e non construírse a depuradora, a ría podería declarase zona C ou incluso pechar, coas perdas de traballo que suporía tanto para o sector marisqueiro como para o turístico.

    Redacción Salnés