Canal Rías Baixas

As Seleccións Absoluta, Sub-21 e Olímpica de Fútbol volverán no 2013

PONTEVEDRA> Os encontros desputaranse en Balaídos no caso da Absoluta e en Pasarón no tocante ós outros dous conxuntos. Estes eventos, xunto coa saída da Volta Ciclista a España convertirán de novo á provincia nun referente deportivo o vindeiro ano.

{flowplayer}images/salnes/BALANCE_SELECCION_FUTBOL_100912.flv{/flowplayer}

Primeiro a Volta Ciclista a España e logo o partido da Selección Española. Dúas probas deportivas que segundo a Deputación de Pontevedra se superaron con nota e supuxeron un escaparate de luxo para a provincia. Pero tamén a súa mellora carta de presentación para albergar grandes acontecementos deportivos. É por iso que para o ano, xa se preparan tres citas de nivel no que a fútbol se refire: os partidos da Selección Absoluta en Balaídos, e dous encontros en Pasarón nos que intervirán as Seleccións Sub-21 e Olímpica. Un dos motivos, a boa valoración do terreo de xogo por parte da Federación.

Un acondicionamento e uns preparativos previos á estancia da Selección e á Volta que supuxeron para Deputación un custe de 150 mil euros no caso da Volta e o acondicionamento do estadio de Pasarón. Uns investimentos que segundo Louzán, están máis que amortizados cos beneficios que supuxo en materia de promoción e no sector hostaleiro.

Este investimento refírese á rehabilitación que vai a facer a Federación no campo de fútbol de Coia, en Vigo. A guinda deste calendario deportivo virá da man do ciclismo, coa saída da Volta a España 2013, cunha marca, Rías Baixas-Provincia de Pontevedra, que segundo Louzán, é hoxe ‘máis potente ca nunca’.

Redacción Salnés

Exit mobile version