Nace o Rock in Poio para promocionar ós grupos locais

    POIO> O festival celébrase o venres ás 21:30. Actúan Marvel Pop, Fervellearverzas, Never Too Late e Voltage.

    {flowplayer}images/salnes/RockPoio_200912.flv{/flowplayer} 

    Marvel Pop, os Fervelleasverzas, Never Too Late e Voltage. Esté é o cartel que presenta a primeira edición do Rock in Poio, un festival organizado pola Asociación Cultural A Castañeira coa colaboración do concello.

    Unha inicitiva que se suma a outras xa realizadas no mesmo municipio, noutras zonas como Samieira, Campelo ou Combarro e nas que se trata de dar saída ós grupos nóveles locais.

    A Asociación Cultural A Castañeira pretende que esta sexa a primeira de moitas edicións dun festival dirixido fundamentalmente á xuventude.

    Marvel Pop serán os encargados de arrincar co espectáculo, ás 21:30. Cada grupo estará ó redor de 45 minutos sobre o escenario. Dende a organización animan a tódolos veciños a acudir ata a Seca, onde tamén serán instaladas barras con comida e bebida a prezos moi asequibles.

    Redacción Salnés