Un irmán mata a outro cun tiro de escopeta

    VILAGARCIA> Un veciño de Guillán, Alfonso Gómez, foi asasinato onte a noite, pouco antes das dez horas, na súa casa,…

    {flowplayer}images/salnes/asasinato_irmans_guillan.flv{/flowplayer}

    … presuntamente a mans de seu irmán Santiago. Unha lea entre os dous propiciou que os feitos derivasen neste fatal desenlace. Á discusión subiu de ton ata o punto no que Santiago empregaría un spray de pementa nos ollos de seu irmán. Logo disparoulle na perna cunha arma de fogo, posiblemente unha escopeta dado que os dous son cazadores.

    Ó parecer as desavinzas viñan de lonxe entre estes dous parentes que, amais, son veciños; o agresor viviría ca súa muller e dous fillos no baixo deste número 42; sendo o segundo andar a residencia da súa lonxeva nai. O seu malogrado irmá xunto ca súa muller e fillas vivía neste chalét situado detrás.

    A maiores de vivir case porta con porta, os dous irmáns traballaban para o Concello; Santiago, de 52 anos, como electricista e Alfonso, de 47 anos, na concesionaria do servicio de auga de Vilagarcía, Espina e Delfín.

    Este último era ben coñecido en Vilagarcía por ser o pai de dúas fillas, unha delas da xogadora de baloncesto Sara Gómez, que chegaba esta mañá de Navarra onde xoga no UNB Obenasa. Segundo os veciños, salvo esta notoriedade de Sara, que chegou a ser xogadora internacional, a familia era do máis normal.

    Os veciños aseguran que a desgracia non é a primeira vez que se ceba con esta familia: dos sete irmáns que era tres deles finaron e mais un neto, por graves enfermidades ou mesmo por accidente. Desde o Concello de Vilagarcía, o Alcalde Tomás Fole púxose a disposición da familia lamentando fondamente o sucedido.

     Redacción Salnés