Carlos Meixide pechará en Ribeira os Monólogos de Serán

    monologosdeseran100.jpgRIBEIRA> Ribeira acollerá o peche dos Monólogos de Serán enmarcados na Rede de Dinamización Lingüística, a cargo do escritor Carlos Meixide.

    {flowplayer}barbanza/monologosdeseran.flv{/flowplayer}

    Os Monólogos de Serán, promovidos pola Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística, chegarán á súa fin este domingo coa actuación de Carlos Meixide en Ribeira.

    Ó longo de todo o mes, este espectáculo recalou por diversas vilas galegas co obxectivo de achegar a lingua ós espazos abertos.

    A rede de dinamización, que aglutina a máis dun cento de concellos, seguirá coa súa programación en outono cambiando as actividades en espazos abertos por iniciativas en colaboración cos centros educativos, asociacións e entidades locais.

    Redacción Barbanza