Un motorista perde a vida na estrada arrollado por un vehículo

    fotoaccidentevilanovacopia.jpg VILANOVA> O sinistro tivo lugar na estrada que une Pontevedra e Vilagarcía pouco despois das seis da mañá. O home dirixíase a traballar.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteMortalVilanova.flv{/flowplayer}

    O falecido é un home de 45 anos de idade e veciño de Vilagarcía que nese momento, segundo algunhas testemuñas se dirixiría a traballar a unha fábrica próxima. A motocicleta na que viaxaba colisionou frontalmente cun vehículo que circulaba en sentido contrario. O condutor do turismo, de 37 anos de idade resultou ferido leve.

    O coche, despois de arrollar á motocicleta levouse por diante unha farola que se atopaba neste punto, e acabou chocando contra este poste da luz. O aparatoso do accidente fixo que se produciran retencións que se prolongaron unhas dúas horas, ata que se puido limpar por completo a calzada.

    O forte ruído que provocou o accidente levantou da cama ós veciños da zona, sobre todo ós das casas que se atopan pegadas a esta estrada que une Pontevedra e Vilagarcía aquí a altura de Baión.

    Segundo algúns veciños, podería circular detrás da motocicleta algún vehículo con compañeiros de traballo do falecido, que serían os primeiros en chegar ó lugar dos feitos. Tamén se trasladaron á zona, ademais dos efectivos de Protección Civil, a Garda Civil e o 061. Ademais do persoal do Concello para a retirada da farola.

    Os veciños aínda co susto no corpo, recordaban esta mañá os incidentes de anos atrás.

    Nestes momentos, aínda non se determinaron as causas do accidente.

    Redacción Salnés