Os Bicivoadores agardan máis de cen ciclistas na súa quedada

POIO> Esta mañá foi presentada no Casal de Ferreirós a II Kedada Monte Castrove. Trátase dunha ruta de BTT organizada polo club Os Bicivoadores, non federada nin competitiva, que se celebrará este vindeiro domingo. Conta coa colaboración do concello.

{flowplayer}images/salnes/PtacRutaBTT_270912.flv{/flowplayer} 

As previsións meteorolóxicas falan de ceos despexados na zona de Poio para o domingo. Será polo tanto unha boa pedra de toque para esta ruta de BTT organizada polo club Os Bicivoadores, que viron como o ano pasado o mal tempo rebaixaba o número de participantes. Foron cen, e este ano agardan que a presencia de corredores sexa moito maior.

Trátase dun percorrido de 32 quilómetros, dunha dificultade técnica e física de nivel medio-alto, e que sairá ás09:30 do Instituto de Poio, pasará por Samieira, Armenteira, subirá ata o Monte Castrove, onde se reaalizará un avituallamiento e baixarase ata o mesmo lugar de saída. Os organizadores calculan que os participantes invertirán ó redor de dúas horas e media en completar o trazado.

Unha vez rematada a proba os ciclistas serán convidados a un pincho. A inscrición é de balde.

A proba conta coa colaboración do concello e o patrocinio de varias firmas, entre elas Bici O Con.