Xornada prolífica na Preferente, mala na Terceira

SALNÉS> Céltiga e Vilalonga non puideron dar a sorpresa e caeron ante Pontevedra e Racing de Ferrol, respectivamente. Na Preferente Sur, todo victorias para os conxuntos do Salnés. O único que perdeu foi o Ribadumia, que caeu ante o Arosa no derbi da Lomba.

{flowplayer}images/salnes/futbolweb_011012.flv{/flowplayer} 

Primeira derrota da temporada para o Céltiga, que tras cinco semanas invicto, non puido puntuar en Pasarón ante un Pontevedra que recuperou a súa mellor versión. Iso si, ós de Núñez faltoulles a intensidade doutras citas e xa dende moi cedo semellou non poder pelexar polos tres puntos. Santi Domínguez abriría o marcador e pouco despois, Vila non acertaba a despexar un remate de Stefan dende fora do area que convertíase no 2-0. Puido meterse no partido o equipo da Illa grazas a un penalti cometido sobre Rubén Cerqueiras que materializou Janeiro. Pero as esperanzas esvaecéronse antes do descanso co terceiro gol do cadro grantate, obra de Tubo. O segundo tempo practicamente sobrou. Tan só servíu para que Santi Domínguez ampliase a diferencia dos seus cun cuarto gol de falta directa e para que o Céltiga vise como se lle anulaba un gol xustamente. O Céltiga é 15ª con sete puntos. A semana que ven terá outro complicado encontro. Desta volta na casa ante o Celta B.

O Racing de Ferrol volveu a demostrar que esta ano está por enriba do resto. Os de Aira fixeron unha primeira parte primorosa na que superaron claramente a un Vilalonga que saíu dos vestiarios coa intención de facer un partido atrevido e de ti a ti. Sen embargo en dúas accións practicamente consecutivas, o encontro quedaría decidido. A primeira, no minuto 9, co tanto de Pablo Rey. E nada máis sacar de centro o Vilalonga, o Racing de Ferrol recuperaba o coiro para facer o segundo a través de Marcos Álvarez.

Os de Guillermo non desfrutaron practicamente de opcións de gol, tan só algún remate lonxano de Fran Matos, que puxo en apuros ó meta local. Co paso dos minutos, o Racing de Ferrol baixou o ritmo e o encontro igualouse. Nin uns nin outros dispuxeron de claras opcións de gol no segundo tempo, agás un lanzamento ó pau de Iago Iglesias. A semana que ven, nova visita complicada para os de Guillermo que terán que xogar nas Pardiñas ante o Somozas, que é cuarto na xeral.

O AROSA LÉVASE O DERBI

Os dous precisaban da victoria e ó final esta caeu do lado do Arosa, grazas a unha xenialidade de Adrián Camiño. E iso que o encontro semellaba que ía ter o mesmo guión que o do ano pasado, cando un gol de Fernando nos primeiro minutos servíulle ó Ribadumia para levarse os puntos. Sen embargo o Arosa reaccionou rápido. Primeiro avisou Hugo, ó que tan só o mal estado do céspede separoulle do gol. Despois o que no erraría sería Óscar Guimeráns, que faría o empate ós dez minutos do encontro. O ritmo frenético co que empezou o partido foi decaendo pouco a pouco e xa no segundo tempo o Ribadumia tomou o mando e tivo opcións para levarse o partido. Sen embargo, un trallazo de Camiño dende 30 metros decantou a balanza en favor dos vilagarciáns que siguen a amosarse moi fortes na casa. A conta pendente continúan a ser os partidos fora da Lomba.

Boas novas para o resto de equipos do Salnés. O Unión Grove volveu a amosar o seu gran poder ofensivo e acadou unha victoria importantísima por 2-4 no campo do Pontellas. Tamén afástase dos postos de descenso o portonovo, que grazas a dous tantos de Nacho superou ó Marín por 2-0. Pero se cadra a victoria de máis valor foi a acadada polo Sanxenxo, que gañou no difícil campo do Choco por 1-2 mercede a un tanto do capitán Diego Blanco no tempo de prolomgación. Son segundos na xeral.

Redacción Salnés