Meijón: ‘Son uns presupostos inxustos e ineficaces’

    fotopsoecopia.jpgPONTEVEDRA> Esta é a valoración que fixo o deputado socialista dos orzamentos xerais que ven de presentar o goberno para o ano 2013.

    {flowplayer}images/salnes/MeijonOrzamentos2013.flv{/flowplayer}

    Uns presupostos ineficaces, inxustos e que son ademais un engano para os cidadáns. Así de contundente se amosou o deputado socialista Guillermo Meijón na valoración dos orzamentos que o goberno ven de presentar para o 2013. Para Meijón, unha vez pasen as eleccións, Rajoy presentará unha enmenda e volverá a levar a cabo máis recortes.

    Desolación porque segundo os socialistas os orzamentos agora presentados acabarán situándose ata un cincuenta por cento por debaixo unha vez pasadas as eleccións, e iso tendo en conta que en Galicia o investimento cae xa oito puntos por debaixo do resto do estado. A situación agrávase aínda máis ó falar de Pontevedra.

    A principal denuncia do partido socialista é o retraso nas infraestruturas, tales coma o AVE para Galicia ou a A59, a autovía de unión entre Pontevedra e Vigo libre de peaxe. Infraestruturas que ademais, ó non realizarse provocarán unha perda de emprego de entre 15 mil e 20 mil postos de traballo. Meijón tamén fixo referencia ó gasto social, cunha baixada do catorce por cento e a consecuente perda de poder adquisitivo para a poboación.

    Así as cousas o PSOE presentará no Parlamento unha enmenda á totalidade destes presupostos xerais, ademais das enmendas parciais. Iso si, fano con poucas esperanzas de seren escoitados.

    Redacción Salnés