Sanidade destina 2,8 millóns á campaña de vacinación contra a gripe

    SALNÉS> Irá do 24 de outubro ata o 31 de decembro. Afórrase case un millón de euros con respecto ó pasado ano.

    {flowplayer}images/salnes/CampanaAntigripal_021012.flv{/flowplayer} 

    A Consellería de Sanidade destinará este ano máis de 2,8 millóns de euros á campaña de vacinación fronte a gripe e o pneumococo, cun aforro de 900.000 euros con respecto ó ano anterior grazas á compra centralizada das vacinas xunto con outras Comunidades Autónomas.

    O Director Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública, Manuel Varela Rey, anunciou tamén esta mañá que a campaña se iniciará o día 24 de outubro e finalizará o 14 de decembro, e salientou que nos hospitais do Sergas a campaña ampliarase ata o 31 de decembro. 

    Varela Rey explicou que se adquiriron un total de 610.000 doses. Entre as novidades neste 2012, destaca o especial fincapé que se fará na vacinación do persoal sanitario. Manuel Varela salientou a importancia deste obxectivo pois ademais do beneficio individual para os profesionais, redúcense as posibilidades de transmitir a enfermidade ás persoas que coidan ou atenden.

    Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de cómo e onde solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.

    Sanidade lembra á cidadanía que a vacinación durará máis de oito semanas e hai tempo suficiente para facela progresivamente.

    Redacción Salnés