Indignación no PSOE ó quedar Matosiños fora dos orzamentos

    fotoorzamentoscopia.jpgVILAGARCÍA> Un portazo á comarca do Salnés, así cualificou esta mañá o PSOE os presupostos que o goberno ven de aprobar para o ano 2013.

    {flowplayer}images/salnes/PsoeVillaOrzamentos2013.flv{/flowplayer}

    Para Tania García os orzamentos que ven de aprobar o goberno de Rajoy para o próximo ano reflicten a nula xestión e o pouco peso político do alcalde de Vilagarcía dentro do seu partido. Julio Torrado considera que se trata dun portazo a comarca do Salnés pois segundo di, non reflectirse ningunha partida máis que algunha testimonial para Vilagarcía.

     Así de molestos se amosaron os socialistas vilagarciáns, sobre todo ó ver que nestes presupostos se volven a esquecer de obras tan importantes como a de Matosiños. Tampouco queren deixar pasar a cuestión do cobro polas expropiacións do vial sur.

    Ademais da enmenda á totalidade que o partido socialista prevé presentar a estes orzamentos, presentaranse tamén enmendas parciais entre as que se atopará esta. Despois das palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurando que estes orzamentos non lle gustan a ninguén, os socialistas pídenlle o PP, en especial ó do Salnés, que de ser así amose o seu apoio.

    No ámbito social, segundo os cálculos do partido socialista, a perda de poder adquisitivo facendo referencia só ós pensionistas, situaríanse na comarca do Salnés nos nove millóns de euros.

    Redacción Salnés