A Festa do Marisco recada medio millón de euros en dez días

    GROVE> Vendéronse máis de 100.000 racións. A festa pasa con nota o exame da crise.

    {flowplayer}images/salnes/ValoracionGroveCentolas_151012.flv{/flowplayer} 

    Superado e con nota o exame á Festa do Marisco neste 2012 no que o temor a unha baixada nas ventas por mor da crise facía prever unha catástrofe para os máis alarmistas. Máis de 100.000 racións vendidas e unha caixa que roldou os medio millón de euros falan as claras do éxito desta cita gastronómica. Foron dez días de festa no Grove, tres menos que o ano pasado, un dato importante para contrastar as cifras coas que deu o 2011, no que os ingresos foron lixeiramente mellores.

    O polbo, o arroz de marisco e as navallas ocuparon o top de ventas. En canto ó mellor día, foi o venres 12. A festividade do Pilar fixo que se venderan só nesa xorndas máis de 24.000 racións, un cuarto do total.

    Pechada a feira, dende o concello fan un balance positivo do que foi a temporada estival para o municipio. 

    Antes de pór o peche á Festa do Marisco, o venres outorgáronse as Centolas de Ouro, a máxima distinción que se fai concede o concello do Grove. Foi nunha cea gala celebrada na Toxa, onde este ano foron galardoados os padexeiros Teresa Portela, polos seus éxitos colleitados nos Xogos de Londres e a súa vida vencellada á vila meca e Tono Campos, recentemente prolamado campión do mundo de maratón en C-1.

    Ademais, tamén foron distinguidos coa Centola de Ouro, a Guía Repsol, por reflectir o interese gastronómico da vila, a empresa acuícola Insuíña e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, á cal un acto de campaña impedíulle acudir á cerimonia de entrega. No seu lugar recolleu o premio Juan Maneiro, Secretario xeral do Mar.

    Redacción Salnés