O concello de Boiro aforrará ata un 55% na súa factura eléctrica

    proxectoinegaboirocopia.jpgBOIRO> O municipio boirense beneficiarase dun proxecto piloto de iluminación pública promovido polo INEGA.

    {flowplayer}barbanza/proxectoinegaboiro.flv{/flowplayer}

    Boiro será o primeiro municipio do Barbanza no que se desenvolverá un proxecto piloto de iluminación pública exterior impulsado dende a consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, Inega. A actuación prevista posibilitará a substitución de preto de 150 luminarias ubicadas no Paseo Marítimo de Barraña e na zona da Preguiza en Cabo de Cruz, por outras novas lámpadas de última xeración, que, segundo as primeiras estimacións, acadarán un aforro enerxético de ata un 55%

    O director do INEGA, Eliseo Diéguez, destacou a importancia deste proxecto xa que permitirá ó concello de Boiro diminuír a súa factura eléctrica. A instalación das novas luminarias suporá tamén unha redución da contaminación lumínica.

    Financiamento

    O proxecto presenta un investimento total de preto dos 50 mil euros, dos que o INEGA achega o 40%, General Electric Lighting custea o 49%, e a cantidade restante, o 11% será asumida polas arcas municipais.

    Redacción Barbanza