O BNG e o PP acúsanse mutuamente de ocasionar o conflicto de Alfageme

    RIBADUMIA> Este peche de Alfageme ocupou onte a noite boa parte do debate desta casa, o Contrastes.

    {flowplayer}images/salnes/contrastes_alfageme_161012.flv{/flowplayer}

     Nel houbo un intenso cruce de acusacións entre o PP e o BNG nas que se acusaban mutuamente da resolución.

    Por unha banda, o candidata número 10 do Partido Popular pola Provincia de Pontevedra, amou a súa seguridade en que a Consellería de Economía e Industria ía a cumprir os prazos para a resolución deste conflicto con seguridade xurídica. Marta Rodríguez detallou que a Xunta estaba a ter informado ós administradores concursais do devir do proceso en todo o momento. A opinión dos nacionalistas é contraposta.

    A número 3 do BNG por esta provincia respondeu denunciando que había unha clara desidia da Xunta co proceso de Alfageme. Aínda máis, Rodríguez criticou a Prado e sinalouna como unha das causantes da orixe do problema, por ser delegada da Consellería de Industria durante o goberno bipartito da Xunta, cando se aprobou a concesión dos avais. Asunto ante o que se defendeu encarecidamente a cabeza de lista polo Salnés do BNG.

    Pola súa parte, a aludida, a sindicalista e candidata do BNG polo Salnés, Rosa Abuín, enterábase esta mañá de que se afirmara que fora ela quen recoñecera as culpas do BNG no conflicto de Alfageme. As declaracións da popular Marta Rodríguez déronlle ganas de rir á nacionalista.

    Redacción Salnés