O DIFE atendeu a máis de 4.000 persoas en busca de traballo

    VILAGARCÍA> No Centro de Formación de Matosinhos infórmase, oriéntase e médiase entre empresas e demandantes de emprego.

    {flowplayer}images/salnes/CentroFormacion_171012.flv{/flowplayer} 

    No Centro de Formación de Matosinhos, en Vilagarcía, está situado dende novembro de 2011 o DIFE, o Departamento Integrado de Formación e Emprego. Creouse dende o propio concello, implicando a diversas áreas, co obxectivo de apoiar ós demandantes de emprego. Un lugar para a información, orientación e mediación laboral ás persoas que están a buscar traballo.

    O obxectivo último é a reinserción dos parados no mercado laboral, pero tamén búscase a formación e a reciclaxe profesional destas persoas. Agora mesmo ofértanse cursos de informática, de producción audiovisual ou de turismo mariñeiro, recentemente iniciado. Tamén se fomentan as xuntanzas entre desempregados do mesmo sector e se asesora a novos emprendedores, algo de vital importancia segundo Elena Suárez.

    As persoas que máis están a recurrir ó DIFE son aquelas que teñen entre 30 e 45 anos de idade, tanto homes como mulleres. O servizo conta tamén cunha bolsa de emprego á que calquera se pode anotar. 

    Nestes once meses foron xestionados case cen empregos dende este servizo. As cifras falan por si mesmas. Máis de 4.300 persoas acudiron en busca de axuda ó DIFE no seu primeiro ano de existencia, 1.000 delas participaron en accións formativas.

    Redacción Salnés