A Deputación crea medio milleiro de empregos para titulados universitarios

    PONTEVEDRA> Tralo éxito das edicións anteriores, nas que a Deputación financiou mil cincocentos novos postos…

    {flowplayer}images/salnes/xunta_goberno_depo_191012.flv{/flowplayer}

    … de emprego para persoal non cualificado; agora o ente provincia pon en marcha unha terceira parte deste programa formativo cunha serie de bolsas de emprego destinada, desta quenda, para dotar de experiencia a titulados universitarios que levan moito tempo no paro.

    Durante o vindeiro mes ultimaranse as xestións deste plan cos Concellos da Provincia e en Decembro comezará o proceso de contratación co fin de que os destinatarios desta iniciativa poidan comezar a traballar a primeiros do 2013; acadando así a experiencia laboral necesaria para facilitar a súa incorporación con garantías ó mercado de traballo. Esta actuación suporá unha achega provincial duns tres millóns de euros, cos que a Deputación asumirá o total da cotización á Seguridade Social destes empregados e o 60 % da súa nómina.

    E no referente ás achegas da Deputación Provincial, o seu Presidente presumiu hoxe de ser a segunda administración galega que mellor afronta ós seus pagos; chegando no terceiro trimestre a liquidar facturas ós 18 días da súa recepción.

    A maiores, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación desta mañá, o Presidente resumiu tamén as achegas provinciais á formación musical daquelas escolas e bandas de música da provincia que non dependen da Consellería de Educación. Axudas por valor de 350.000 euros que servirán para homologar os prezos desta educación; así como equilibrar os soldos do profesora.

    Redacción Salnés