A parricida de Noia di que non lembra se matou ó seu fillo

xuizoparricidanoia.jpgNOIA> A Audiencia Provincial de Palma de Mallorca acolle o xuízo contra Mónica Juanatey, a noiesa acusada de matar ó seu fillo.

{flowplayer}barbanza/xuizoparricidanoia.flv{/flowplayer}

A noiesa Mónica Juanatey enfróntase a vinte anos de prisión polo presunto asasinato do seu fillo.

Un xurado popular, composto por nove membros, é o encargado de xulgar á presunta parricida no proceso iniciado na Audiencia Provincial de Palma. Este luns escoitaron a declaración da acusada que dixo non lembrar como sucederon os feitos.

Segundo o seu relato preparou a bañeira para o neno e o seguinte que lembra é atopalo morto, tendido no chan. Para explicar o acontecido nese intervalo de tempo alegou amnesia transitoria, aínda que os informes médicos e psicolóxicos revelan que se trata dunha persoa normal, sen problemas que puideran terlle ocasionado unha limitación das súas facultades.

O que si recoñeceu a acusada é que meteu o corpo do neno nunha maleta posto que sentiu medo ante a posibilidade de que ela fose a autora do crime. Tampouco lembra que fixo coa maleta que apareceu en novembro de 2010, dous anos da morte do pequeno, cando foi atopada por uns excursionistas nun barranco de difícil acceso nas inmediacións de Mahón.

Confesión baixo presión

Daquela, a acusada confesou se-la autora da morte do seu fillo, declaración que agora xustifica pola presión da policía, que, dixo, lle obrigou a confesar ó asegurarlle que tódalas probas apuntaban na súa contra.

Ata poucos meses antes da súa morte, o pequeno César residía cos seus avós en Noia. De aí, a enorme consternación causada por esta tráxica nova na vila noiesa posto que tralo crime a acusada fixo crer á familia e o seu entorno que o neno seguía con vida mesmo chegando a realizar publicacións nas redes sociais facéndose pasar por el.

Redacción Barbanza