Descalabro no partido socialista que pasa de 25 a 18 escanos

    derrotaelectoralcopia.jpgPONTEVEDRA> Dous dos sete escanos perdidos caen na provincia de Pontevedra. Dende a formación recoñecen a derrota pero prefiren falar do futuro.

    {flowplayer}images/salnes/DerrotaPsoe.flv{/flowplayer}

    A esperanza de primeira hora da noite foi deixando paso, a medida que avanzaba o escrutinio, á decepción. Sete escanos menos no Parlamento galego e dous deles perdidos na provincia de Pontevedra.

    Dende o PSOE pontevedrés xa anunciaran que non comparecerían ata que non o fixera primeiro o seu candidato. Eran case as dez da noite e co 71 por cento do voto escrutado, fíxose o silencio nesta sede para escoitar a Pachi Vázquez. El foi o primeiro en asumir a derrota e pouco despois era Guillermo Meijón o que entoaba o mea culpa.

     Meijón tamén quixo felicitar ó seu partido por ter feito un bo traballo, e asegurou que toca agora reflexionar a fondo sobre as causas desta derrota e traballar a reo para volver a ilusionar ó electorado.

    O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Abel Losada seguiu o reconto electoral dende a sede do partido en Santiago, si se atopaba en Pontevedra a súa número dous Patricia Vilán pero non quixo facer declaracións. Sobre as voces que comezan a falar da necesidade dunha renovación do partido, o secretario local, dixo que haberá tempo para analizar.

    Tamén aproveitou Meijón para felicitar a Alternativa Galega de Esquerdas polos seus resultados.

    Redacción Salnés