Galicia á cola de España en materia de pensións

    438

    pensionsgalicia100.jpgBARBANZA> As pensións en Galicia son as máis baixas de todo o estado español. Os xubilados galegos perciben de media unha paga de 785 euros.

    {flowplayer}barbanza/pensionsgalicia.flv{/flowplayer}

    Malia que a pensión media de xubilación ten aumentado un 3’4 por cento con respecto ó mesmo do pasado ano, as prestacións por xubilación en Galicia seguen a ser as máis baixas de todo o país.

    Os xubilados galegos cobran 785 euros de media, contía que diminúe considerablemente no caso das pensións por incapacidade, viuvez ou orfandade.

    O escaso poder adquisitivo dos pensionistas agrávase aínda máis nestes tempos de crise nos que moitos teñen que manter o fogar cunha soa pensión.Mentres a maioría se resignan ante o incerto futuro do sistema de pensións outros consólanse pensando en que hai quen está peor.

    Galicia comparte con Murcia e Extremadura os últimos postos do ránking nacional. No extremo oposto sitúase o País Vasco coa pensión media máis alta que supera os mil euros.

    Redacción Barbanza

    COMPARTIR