A Mancomunidade remozará a fortaleza de Lobeira

    VILANOVA> Así o anunciou o seu presidente Gonzalo Durán que ademais asegurou a continuidade do obradoiro de hostalería da Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/ProxectosMancomunidade_261012.flv{/flowplayer} 

    O presidente da Mancomunidade do Salnés deu a coñecer hoxe a intención do ente de rehabilitar a zona do castelo de Lobeira. Gonzalo Durán é consciente de que neste momento de crise quizáis non sexa unha obra prioritaria por iso de momento farán unha recreación do proxecto en 3D para tentar difundir como era realmente esta fortaleza na antigüedade. O obxectivo é dar a coñecer a beleza e a riqueza cultural do Salnés máis alá do turismo propio da época estival.

    Outro dos proxectos que porá en marcha a Mancomunidade será o IV Obradoiro de Hostalería da Lanzada. Unha satisfacción para Durán, xa que moitos segundo el, criticaron que o proxecto da pousada faría desaparecer este curso.

    O obradoiro terá unha duración de seis meses, dende decembro do presente 2012 a xuño de 2013. Ten un orzamento de 317.000 euros e dará cabida a 36 alumnos.

    Redacción Salnés