Os funcionarios piden tempo para integrarse na saúde pública

    fotoreunionfuncionairoscopia.jpgVILAGARCÍA> Os representantes dos traballadores expuxéronlle esta proposta ó alcalde. Queren negociar unha moratoria para que a incorporación sexa progresiva.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionFuncionarios.flv{/flowplayer}

    Os funcionarios do Concello de Vilagarcía reclaman unha moratoria para que a súa integración na Seguridade Social sexa progresiva e se faga de xeito adecuado.

    Esta mañá os representantes dos traballadores expuxéronlle esta proposta ó alcalde. A Tomás Fole tócalle agora avaliala e tomar unha decisión.

    Un período de oito meses, negociables, para que os 79 funcionarios que pasarían de ter seguro privado a integrarse no sistema de saúde público, se adapten e traspasen adecuadamente os seus expedientes.

    Os representantes dos traballadores expuxéronlle o alcalde e a concelleira Elena Suárez a súa postura e recordáronlle que están a falar de algo tan importante como a saúde das persoas.

    Con certos momentos de tensión e coas portas abertas para que tódolos afectados puideran seguir a reunión, ó redor da unha da tarde a xuntanza deuse por rematada.

    Tomás Fole recordou que o Plan de Saneamento establece un aforro de seis millóns de euros e que para isto é preciso recortar en tódalas áreas.

    Redacción Salnés