CIG e CGT mobilízanse á espera da resolución de Alfageme

    O SALNÉS> A Xunta de Galicia podería resolver nas próximas horas adxudicar a Conserveira Alfageme a unha das tres empresas interesadas:

    {flowplayer}images/salnes/apertura_plicas_alfageme.flv{/flowplayer}

    …El Consorcio, Pescamar ou Coswinga; logo de que os administradores concursais presentasen unha nova moratoria ata hoxe. Supostamente nesta xornada o IGAPE reuniríase nunha comisión de seguemento para abrir as plicas que conteñen cadansúa oferta para facerse ca firma, co fin de determinar cal é o mellor postor para facerse cas factorías de Vilaxoán e Ribadumia. De non ser así, os administradores concursais procederán a súa subhasta por lotes, o que non deixaría posibilidade algunha de manter os 150 postos de emprego directos que xera na comarca da Arousa.

    Á espera do dictame da Xunta, os sindicatos CIG e CGT, os máis belixerantes neste conflicto, volveron a moverse. Esta mañá empregadas da CIG acudían ós Concellos de Vilagarcía, Ribadumia, Cambados e ó Grove a ciscar latas e o papel de embalalas mesmas nas portas destas catro casas consistoriais. Protestan así pola súa escasa colaboración á hora de presionar ó Goberno Galego.

    Desde a Confederación Intersindical Galega apuntan o seu medo a que a Xunta teña previsto deixar que se subhaste os bens de Alfageme para favorecer a outras empresas amigas, sen ter en conta a posibilidade de manter a actividade empresarial das factorías de Vilaxoán e Ribadumia. Pola súa banda, representantes da CGT reuníronse esta mañá no Xulgado de a Parda co Fiscal Xefe de Pontevedra; Juan Carlos Aladro. Foi a él a quen lle expuxeron ós detalles da evolución deste caso para intentar xustificar algunha responsabilidade pola vía penal. Neste caso, a Fiscalía, apuntoulles a posibilidade de presentar o caso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou ante a Fiscalía Superior de Galicia. Así farán desde a CGT quen xa decidiu presentar este caso ante o Fiscal Superior Galego para analizar as circunstancias anómalas neste caso que o IGAPE, segundo eles, bloquea adrede. Piden tamén que se investigue a actuación do Conselleiro de Economía e da propia Xunta de Galicia por prevaricación.

    Asemade, denuncia a responsabilidade persoal do Director Xeral do IGAPE, quen amais de obstaculizar a solución a este conflicto, mantén un silencio sobre o mesmo inaceptable, ó tempo que engana á opinión público con afirmacións como a da necesidade de crear unha comisión de seguimento para abrir as plicas cando esta comisión, segundo as propias bases do IGAPE, debe facerse unha vez que se coñezan o contido destas ofertas, é dicir, á posteriori.

    Redacción Salnés