Fole reestrutura o seu goberno en busca de eficiencia

    VILAGARCÍA> Elena Suárez é a nova concelleira de Deportes mentres que Francisco González asumirá Cultura.

    {flowplayer}images/salnes/RestruturacionGobernoVilla_051112.flv{/flowplayer} 

    A marcha de Luís Garrigós no mes de agosto deixara pendente unha reestruturación das áreas e responsabilidades políticas dos once membros do grupo de goberno vilagarcián. Hoxe quedaron fixadas e segundo Tomás Fole, a intención é que permanezan así ata o remate da lexislatura. A saída de Garrigós foi cuberta pola chegada de Francisco González que asumirá Cultura e Xuventude. Deportes irá a parar a mans de Elena Suárez.

    A carga de traballo será maior para Elena Suárez coa carteira de deportes, por iso se lle libera doutras tarefas das que era responsable como Políticas de Igualdade, SPAD, Muller e Persoas Maiores. Todas estas funcións vainas exercer agora Ángeles Rodríguez reubicada na Área de Política Social, logo de ser relevada en cultura. Así mesmo, Geli Rodríguez asumirá Consumo e Sanidade Ambiental liberando deste traballo a Rocío Llovo.

    O resto de áreas non foron retocadas e permanecen sen cambios. Tomás Fole di que esta remodelación faise co obxectivo de ser o máis eficientes posible.

    Redacción Salnés