O executivo sonense non cobrará a extraordinaria de decembro

renunciapagaextra100.jpgPORTO DO SON> O alcalde e os concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial renuncian á súa paga extraordinaria de Nadal.

{flowplayer}barbanza/renunciapagaextra.flv{/flowplayer}

Os concelleiros Ana Maneiro, Xosé Manuel Deán e María Xosé Maneiro, xunto co alcalde e o tenente alcalde compareceron para facer pública a súa renuncia voluntaria á paga extra de decembro.

Os fondos, que roldan os nove mil euros, destinaranse á adquisición de varios equipos para o departamento de Cultura e Deportes así como para a adquisición de lotaría a repartir entre os funcionarios.

Con este xesto, os membros do equipo de goberno pretenden amosar a súa solidariedade cos funcionarios que nos últimos meses están a ver recortada a súa capacidade adquisitiva.

Redacción Barbanza