Alfageme: “Se fósemos homes o conflicto sería distinto”

    RIBADUMIA> Ducias de traballadoras do grupo conserveiro Alfageme terminan o proceso da empresa como o comezaron:…

    {flowplayer}images/salnes/segue_peche_alfageme.flv{/flowplayer}

    … pechadas nas súas instalacións.

    Desde este luns a mediodía malviven na fábrica de Ribadumia á espera de que a Xunta dictamine o futuro desta conserveira: se o adxudica a un dos tres postores ou se finalmente deixan que a administración concursal a subhasta por partes. Malia que o paso destes tres anos deixou unha fonda pegada no seu ánimo, aínda lle quedan folgos para loitar neste último treito.

    As traballadoras e a representación sindical de Alfageme reclaman unha solución canto antes da Xunta de Galicia. Con todo, cren que esta dilación no tempo non presaxia nada bó. Hoxe coñeceron que os administradores concursais presentaron o anuncio da subhasta das factorías de Ribadumia e Vilaxoán, e que o Consello da Xunta se reunirá o xoves; e a partir de aí informará sobre a evolución do proceso.

     Mentres tanto as traballadoras queren facerse oír, teñen moito que dicirlle ós responsables; logo de interminables días de reivindicacións por manter os seus postos de traballo.

     Estas traballadoras van máis aló e aseguran estar convencidas que este problema se trata dun asunto de machismo. De teren sido traballadores o tratamento do asunto tería sido ben distinto. A dilación na resolución do conflicto dá no pao á CIG no seu propósito de seguir adiante ca denuncia por prevaricación ó Conselleiro de Economía e Industria agora en funcións.

     E precisamente a este respecto reuniuse hoxe mesmo o sindicato CGT co Fiscal Superior de Galicia. Ó igual que fixeran á semana pasada co Fiscal Xefe de Pontevedra, Miguel Angel Cuña e unha representación da factoría de Alfageme en Vilaxoán recompilaron información dos pasos axeitados para procurar responsabilidades penais neste proceso, sobre todo na súa última parte. Finalmente acordaron presentar pasado mañá un escrito no xulgado do mercantil número 5 de Vigo, o mesmo que leva o proceso concursal de Alfageme, para ver a posibilidade de que o propio Conselleiro de Economía e Industria en funcións e ata o Presidente da Xunta en funcións puideran ter prevaricado no caso Alfageme.

    Redacción Salnés