Miles de persoas marchan polas rúas de Ribeira

    manifestacionfolgaxeralribeira100.jpgRIBEIRA> A marcha partiu a mediodía da estación de autobuses. Os tres sindicatos convocantes amosaron a súa satisfacción ante o masivo seguimento.

    {flowplayer}barbanza/manifestacionfolgaxeralribeira.flv{/flowplayer}

    A xornada destacou pola ausencia de incidentes salvo algúns enfrontamentos cos piquetes informativos que non tiveron maior repercusión.

    Tras percorrer as principais rúas do casco urbano de Ribeira, a marcha concluíu na praza do concello onde tivo lugar o acto central coa lectura dun manifesto conxunto.

    Ademais das tres organizacións sindicais, acudiron á manifestación outros moitos colectivos como as plataforma en defensa da sanidade e do ensino público, os afectados polas preferentes ou os avogados barbanzáns. Todos sumaron as súas voces nun berro conxunto contra as políticas do goberno central.

    Redacción Barbanza