Un cento de meañeses precisan da Solidariedade para comer

    MEAÑO> O Concello de Meaño inaugurou hoxe os actos conmemorativos do día Contra a Violencia de Xénero

    {flowplayer}images/salnes/campana_lazo_solidario_meano.flv{/flowplayer}

    … que se celebra este vindeiro domingo día 25 de novembro. Co gallo desta efeméride este municipio argallou unha semana de actividades que comeza ca recollida solidaria de alimentos para aquelas familias do Concello que non contan con recursos nin para alimentarse.

    E é que aínda que pareza mentira, no Concello de Meaño a día de hoxe, por mor da crise hai alomenos un cento de familias, a maior parte delas con cativos ó seu cargo que non teñen nin para comer.

    Un cento de bocas afamadas que precisan da axuda de todos e que non están o suficientemente acostumadas a súa situación como para pedir polas rúas. Para axudalas abonda con depositar alimentos en perfecto estado en calquera dos puntos do Concello identificados ca fita azul.

    Amais desta recollida de alimentos; os taboleiros das sete parroquias lucirán palabras contra a violencia de xénero, e o sábado repartiranse entre os clientes bolsas reutilizables cun dobre lema: a loita contra a violencia machista e o coidado do medioambiente. Xa o domingo, a semana de actos pecharase cunha sesión de teatro para tódolos públicos.

    Aínda que o de Meaño foi un dos máis madrugadores moitos outros concellos do Salnés secundarán tamén este día contra a violencia machista con moitos outros actos reivindicativos.

    Redacción Salnés