El Consorcio recúa e non participará na subhasta do 20-D

    VILAGARCÍA> A empresa só estaría interesada no caso de que a Xunta aprobe o plan industrial que presentou.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionConsorcioVilaxoan_201112.flv{/flowplayer} 

    Siguen a esgotarse as opcións das traballadores de Alfageme de recuperar os seus postos na conserveira. Despois de que os sindicatos acadaran onte o compromiso dos administradores concursais de que non venderían a conserveira na subhasta a ningún poxador que non garantizadara os 150 empregos, hoxe unha das empresas que maior interese amosaron durante os últimos meses por facerse co control de Alfageme, El Consorcio, comunciou que non acudirá a esa subhasta do 20 de decembro. 

    Á empresa cántabra non lle interesan as novas condicións de compra e só recuaría no caso de que a Xunta grantizara o seu compromiso de financiar o plan industrial que El Consorcio propón.

    Dende os sindicatos volven a mirar cara a Xunta. Din que é o momento de dar un paso adiante e apostar pola recuperación das dúas fábricas e dos 150 postos de traballo. Novo revés polo tanto para as traballdoras que continúan sen ver a luz ó final do túnel.

    Redacción Salnés