Falece home de 73 anos esmagado por unha máquina de fresar

    fotoesganamentocopia.jpgCAMBADOS> O suceso produciuse ó redor das nove e media da mañá. O home era moi coñecido da zona, xa que exercía como enterrador.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteCorvillon.flv{/flowplayer}

    Estas son as marcas que deixaba o tráxico suceso. A máquina coa que este veciño de Corvillón estaba a fresar a terra encaixouse e atrapouno contra esta viga sen que puidera facer nada para liberarse. A mala sorte quixo que o acelerador quedara enganchado e polo tanto que a forza fose aínda maior.

    A finca na que se produciron os feitos non era propiedade do falecido, pero adoitaba axudar ó seu dono a traballala.

    O enterrador dende había moitos anos e polo tanto unha persoa coñecida por todos, o propietario da finca foi primeiro en decatarse dos feitos.

    A máquina atrapouno contra a árbore e resultoulle imposible escapar. O ferro central foi o que lle causou o esganamento.

    Nese momento Julio saíu en busca de axuda e os veciños chamaron ó 061 pero nada se puido facer por salvarlle a vida. Tamén se desprazaron ata a finca efectivos de Protección Civil, a Policía Local, a Garda Civil, a Policía Xudicial e unha unidade de Bombeiros do Salnés para retirar o corpo.

    Redacción Salnés