Noia prepárase para unha nova edición da Mostra de Curtas

mostracurtasnoia12.jpgNOIA> O festival desenvolverase nos locais da Sociedade Liceo os días 29 e 30 de novembro e o 1 e o 2 de decembro e contará coa presenza de destacados actores e directores do mundo do audiovisual.

{flowplayer}barbanza/mostracurtasnoia12.flv{/flowplayer}

Despois dun ano sen celebrarse, a consecuencia das obras de rehabilitación no coliseo Noela, o concello de Noia volve apostar polo cinema. A actual crise económica, e a conseguinte falla de fondos por parte das distintas Administracións, non impedirán que a organización leve a cabo este ano o festival de curtas, un dos máis prestixiosos dos que se veñen celebrando actualmente. Outro aspecto a ter en conta é a colaboración prestada pola directiva do Liceo da localidade que cederá as instalacións para a proxección dos films.

Calidade e Cantidade

Dende a organización destacaron tanto a calidade como a gran cantidade de obras presentadas este ano a concurso, chegadas dende diferentes países de todo o mundo.

Protagonismo autores comarcais

Durante o festival, que estará conducido polo actor noiés, Ricardo de Barreiro, proxectaranse tamén un total de cinco curtas pertencentes a autores da comarca.

Importantes premios

Haberá premios á mellor curta en cine, ó mellor traballo en video, e para as categorías de documental de creación, curta de animación e premio especial do público. Tamén haberá premios para a mellor curta comarcal , así como distincións para a mellor dirección, guión, montaxe, e actor e actriz. Durante esa semana desenvolveranse tamén diversas actividades paralelas dirixidas a todo tipo de públicos.

Redacción Barbanza