Asaltan a un adegueiro na súa casa e quéimanlle varias partes do corpo

    fotoadegueirocopia.jpgVILANOVA> Tres encapuchados entraron na súa casa, golpeárono na cabeza e prendéronlle lume. Queimáronlle varias partes do corpo, entre elas os brazos e os testículos.

    {flowplayer}images/salnes/AsaltoAdegueiroVilanova.flv{/flowplayer}

    A vítima, moi coñecida na zona, é Luciano Núñez Villanueva, un home de 67 anos que nos oitenta estivera vinculado co tráfico de drogas. Tanto foi así que mesmo foi condenado a trece anos de cadea e unha multa de cen millóns das antigas pesetas dentro da Operación Nécora. Con estes datos as primeiras hipóteses apuntan a que os feitos poderían deberse a un axuste de contas.

    Producíronse na madrugada de onte, cando Luciano Núñez, durmía na súa casa de Tremoedo. Segundo as primeiras informacións, serían tres encapuchados os que entraron na vivenda e despois de golpealo na cabeza coa culata dunha pistola, rociárono cun líquido inflamable e prendéronlle lume. As queimaduras, aínda que non foron de gravidade afectáronlle a varias partes do corpo, sobre todo ós testículos.

    Núñez foi rescatado porque logrou pedir auxilio a través dunha fiestra, e pese ás altas horas de madrugada varios veciños escoitaron os seus gritos e achegáronse para axudalo. Segundo algunhas fontes mesmo lle puxeron unha escaleira na ventá para que puidera saír da vivenda.

    Os asaltantes pola súa banda lograron escapar antes da chegada da Garda Civil. A vítima tivo que ser trasladada ó Hospital do Salnés, pero ás poucas horas recibiu a alta.

     A Garda Civil continúa investigando os feitos, os axentes están especializados na loita contra o crime organizado.

    Redacción Salnés