Asisten a seis membros dunha familia por intoxicación

intoxicacionmonoxidonoia100.jpgNOIA> Seis membros dunha mesma familia tiveron que ser atendidos por intoxicación en Noia.

{flowplayer}barbanza/intoxicacionmonoxidonoia.flv{/flowplayer}

O Grumir de Noia recibía o aviso do 112 pasada a medianoite alertando de varias persoas intoxicadas por monóxido da carbono. Cando chegaron á vivenda, emprazada no lugar de Negral atoparon a seis persoas da mesma familia con síntomas de intoxicación, presentando o estado máis grave o pai e unha das fillas.

Ó parecer a intoxicación produciuse xa a mediodía cando a familia fixo unha barbancoa nun garaxe con escasa ventilación. Despois deitáronse e non se decataron dos síntomas ata a noite.

Tras permanecer varias horas en observación tódolos afectados foron dados de alta.

Redacción Barbanza