A plantilla de Paradores mobilízase contra o ERE

    folgaparadorescopia.jpgCAMBADOS> En plena ponte da Constitución, os traballadores van a folga para amosar o seu desacordo co ERE que deixará na rúa a 644 persoas.

    {flowplayer}images/salnes/FolgaParadorCambados.flv{/flowplayer}

    Un panorama cando menos atípico se atoparon esta mañá os clientes do Parador de Turismo de Cambados. Case a totalidade da súa plantilla, 31 traballadores, se manifestaban ás portas do edificio para protestar polo ERE que ven de anunciar a empresa e que pon na rúa a 85 traballadores en toda Galicia. En Cambados serán 3 os despedimentos.

    Segundo os representantes dos traballadores a situación na que se atopa a empresa débese, non a falta de clientes, se non a unha mala xestión que agora están a pagar os traballadores.

    Recordan tamén que Paradores de Turismo é un referente en todo o país e temen que este sexa só o primeiro paso a unha privatización que poría fin a esta institución.

    A folga manterase ó longo do día de hoxe e tamén do de mañá polo que os clientes que se aloxan esta ponte no Parador notarano sen dúbida nas súas vacacións, malia todo, segundo os traballadores teñen o seu apoio.

    A concentración alongouse durante toda a mañá ás portas do edificio, pero aproveitando a presenza do vicepresidente da Xunta en Cambados, a última hora trasladáronse ata a praza de Arousa para amosarlle a súa preocupación. Alfonso Rueda atrasou uns minutos a súa visita á zona para falar con eles.

    Redacción Salnés