Os traballadores das ambulancias piden que interveña a Consellería

    VILAGARCIA> Varios traballadores do sector do transporte sanitario en ambulancia concentráronse diante do Hospital…

    {flowplayer}images/salnes/cig_por_ambulancias.flv{/flowplayer}

    … do Salnés para facerse oír e achegar á poboación a súa problemática nas súas negociacións laborais cas patronais. Aseguran que as súas pretensións só pasan por manter vixente o actual convenio ata finais do ano 2014, namentres negocian un novo acordo entre as partes.

    Esta moratoria evitaría que perdese vixencia o seu convenio actual e que, en virtude da nova reforma laboral, tivese que acollerse ó convenio xeral dos traballadores; o que suporía unha importante merma nos seus dereitos laborais; entre eles, o cobro de 400 euros menos ó mes a partires de xullo do vindeiro ano.

    Os empregados das ambulancias negan seren uns privilexiados nos cobros: aseguran ter uns soldos ben axustados; que en ningún caso recompensan as ducias de horas extras e as prolongadas xornadas de traballo que asumen a cotío.

    Estes traballadores aproveitaron esta concentración para chamar a atención da Consellería de Sanidade para que presione á patronal e deixe de asistir como convidado de pedra a este tira e afrouxa que podería ter serias repercusións no benestar da cidadanía.

    Nesta terceira e última polo de agora xornada de folga, polo de agora, os manifestantes volveron a denunciar o exceso do despliegue policial que os controla.

    Pola súa banda, a Consellería de Sanidade manifestou o cumprimento nesta xornada do cen por cento dos servicios mínimos ; ó tempo que informou de que xa nas primeiras horas os piquetes coercitivos picaran máis de media ducia de rodas de ambulancias impedindo así polas malas o seu traballo.

    Redacción Salnés