Os locais hostaleiros implícanse na promoción do galego

    pousapousa.jpgRIBEIRA> Será dentro da campaña ‘Pousa Pousa’, impulsada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza en colaboración coa Mancomunidade Arousa Norte.

    {flowplayer}barbanza/pousapousa.flv{/flowplayer}

    A innovadora campaña de dinamización lingüística ‘Pousa, Pousa’ que promove a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e o concello de Ribeira ten coma principais obxectivos a promoción do galego. A iniciativa contou coa implicación dos centros de ensino de toda a comarca coa celebración dun certame para determinar os mellores emblemas conmemorativos que lucirán agora nos pousavasos. Precisamente na presentación desta campaña tomou parte Manuel Ramos, alumno de 8 anos do CEIP O Grupo, que foi un dos gañadores do concurso. Os outros seleccionados foron escolares do IES Félix Muriel de Rianxo e do CEIP de Aguiño.

    Implicación hostalería

    Na iniciativa temén ten moito que dicir o sector hostaleiro xa que serán os encargados de distribuír os pousavasos entre os seus clientes este próximo sábado.

    Idoneidade da campaña

    Dende o concello ribeirense quixeron destacar a idoneidade desta campaña.

    Fontes municipais informaron de que xa comezou o reparto de pousavasos entre os hostaleiros da localidade coa idea de que este próximo sábado, 22 de decembro, xa poidan ser distribuídos. Aqueles locais que o desexen e aínda non dispoñan deles deberán achegarse ata o rexistro do concello para recoller un lote. Poderán facelo ata o venres.

    Redacción Barbanza