Arousa Norte presenta o seu novo material turístico

    novomaterialturisticoarousanorte.jpgBARBANZA> As guías, que promocionan o turismo ornitolóxico e a ruta da ‘traslatio’, comezarán a distribuírse a partir de primeiros de ano.

    {flowplayer}barbanza/novomaterialturisticoarousanorte.flv{/flowplayer}

    O material turístico presentado enmárcase dentro dos dous proxectos nos que está a traballar actualmente a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte dentro do xeodestino Rías Baixas-Ría de Arousa: conexión marítima e turísmo ornitolóxico. No primeiro editáronse unha guía de empresas marítimas que recolle toda a información e contacto das empresas de ocio náutico que operan na Ría e unha Ruta da Traslatio que conmemora o traslado pola Ría de Arousa e Ulla ata Padrón dos restos do Apóstolo Santiago.

    Riqueza ornitolóxica

    En canto ó turismo ornitolóxico, o material presentado foron dúas guías, unha que leva por título ‘Avistamento de aves peláxicas na ría de Arousa’ destinado a un perfil de visitante experto en ornitoloxía e outra titulada ‘Os segredos da natureza e da ornitoloxía na Ría de Arousa’ para un público en xeral.

    Aproveitouse a ocasión para presentar tamén o vídeo de promoción do turismo ornitolóxico no xeodestino Rías baixas-Ría e Arousa para facer promoción destes paquetes turísticos.

    Investimento

    O presuposto destinado á edición deste material, cunha tirada de 11 exemplares e que se oferta en castelán, galego e inglés, ascendeu a uns 8.500 euros. A súa distribución realizarase na feira de FITUR e nas oficinas de turismo, así como tamén nas empresas que oferten este tipo de servizos.

    Redacción Barbanza