Neixón conta xa cunha nova exposición permanente

    exposicionpermanenteneixon.jpgBOIRO> O presidente da Deputación da Coruña foi o encargado de inaugurar esta mostra declarada pola Xunta ‘colección visitable’.

    {flowplayer}barbanza/exposicionpermanenteneixon.flv{/flowplayer}

    Acompañado do alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, e demais autoridades locais, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego calvo, realizou un percorrido polo interior das instalacións do centro arqueolóxico de Neixón antes de proceder á inauguración da nova exposición permanente da que dispón o centro museístico boirense, nomeada ademais hai varias semanas pola Xunta de Galicia coma Colección Visitable do Centro Arqueolóxico de Neixón. A primeira mostra permanente da comarca do Barbanza en acadar este título como ben sinalou o propio rexedor local, que se suma ademais á xa declaración BIC.

    Incalculable valor

    Durante a súa intervención, Diego Calvo definiu o centro de Neixón como un punto neurálxico das investigacións arqueolóxicas da provincia da Coruña, destacando tamén a importancia da exposición polo seu incalculable valor científico, ó aportar, segundo el, unha grande cantidade de información sobre os nosos antepasados.

    Gran investimento

    O presidente do ente provincial fixo referencia tamén ós investimentos que a Deputación leva realizados dende o ano 2009 en diversas obras de mellora deste centro, así como tamén para a compra de mobiliario e o desenvolvemento do programa de actividades entre as que se atopa a realización do congreso anual arqueolóxico, de fama nacional. Na súa intervención Diego Calvo anunciou que para o vindeiro ano 2013 xa hai consignados nos presupostos deste organismo unha partida para Neixón de 20 mil euros.

    Redacción Barbanza