Os traballadores da lonxa aseguran que non hai vendas de González

    CAMBADOS> Os traballadores da lonxa de Cambados aseguran que a denuncia emitida por seis socios do pósito…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_lonxa_cambados.flv{/flowplayer}

    … desta Confraría contra o seu Patrón Maior Benito González é falsa, alomenos no que se lle acusa de vender persoalmente marisco nesta rula. Aseguran que tales tikets non existen porque de existiren, eles terían proba dos mesmos na contabilidade da empresa.

    Os traballadores da lonxa de Cambados pensan que con estas serias acusacións se está a poñer en entredito a súa profesionalidade; para gañar puntos nunha batalla puramente política a escasos meses de que se celebren unhas supostas eleccións no seo da Confraría.

    Os empregados da rula de Cambados amosan a súa desconformidade con este comunicado de prensa co que defenden a súa integridade e de seguido será a Confraría a que emprenda as correspondentes accións legais.

     Pola súa banda, os traballadores da Confraría cambadesa aseguran que durante os tres mandatos de Benito González sempre traballaron con liberdade absoluta e con perfecto entendemento co patrón maior. A crispación, reside, segundo algúns, en parte do colectivo dos rañeiros, que interpoñen agora denuncias co mesmo avogado que defendía a Asociación de Mariscadoras e Mariscadores de Galicia AGAMAR, que ten cruzados varios litixios co Patrón Maior cambadés e Presidente da Federación Galega de Confrarías, desde fai anos.

    Ó parecer este clima de confrontación irá in crescendo non só no pósito de Cambados senón noutras Confrarías de Arousa de aquí ata antes do verán cando se agarda que a Consellería do Mar dispoña as eleccións xeralizadas e conxuntas para as Confrarías galegas.

    Redacción Salnés