O Salnés será protagonista principal na Volta a España

CAMBADOS> Catro etapas discorrerán en territorio pontevedrés. Tódolos concellos da comarca verán o paso da rolda.

{flowplayer}images/salnes/PtacVolta_281212.flv{/flowplayer} 

A gala foi presentada polo xornalista Terio Carrera e nela estiveron presentes numerosas autoridades políticas. A Volta partirá dende Vilanova de Arousa, dende unha batea. Será unha contrarreloxo por equipos que levará ós ciclistas a Sanxenxo, pasando por Meaño e Cambados, que nesta ocasión quédase sen saída de etapa.

A segunda etapa discorrerá entre Vigo e Vilagarcía, no anunciado final de etapa do Alto de Lobeira. Terá paso por Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Ribadumia e Meis, así como por O Grove e a Illa de Arousa, os dous concellos máis complicados por dispoñer de tan só un acceso. Tamén estes disfrutarán do paso dos ciclistas.

A terceira etapa sairá dende Pontevedra e terá chegada en Baiona, mentres que a cuarta sairá dende Lalín e chegará, xa en territorio coruñés, a Fisterra.

Dende a Deputación amósanse máis que satisfeitos por ter pechado este trazado para a vindeira edición, logo de que en 2012 as audiencias televisivas roldasen en tódalas etapas pontevedresas o millón e medio de espectadores. Tamén millón e medio de euros foi o que deixou na hostelería a caravana da Volta o pasado verán.

Redaccion Salnés