Investigan as causas da morte dun bebé achado no vertedoiro de Cerceda

    bebemortoribeira100.jpgRIBEIRA> A Policía investiga a morte dun recén nacido, cuxo corpo apareceu esta fin de semana no vertedoiro de Cerceda. .

    {flowplayer}barbanza/bebemortoribeira.flv{/flowplayer}

    De feito, o pasado venres axentes da policía nacional inspeccionaron os contedores da zona en busca dalgún rastro do pequeno e a casa da veciña, sen éxito. Finalmente, o corpo aparecía este fin de semana no vertedoiro de Cerceda, e á espera de coñecer o resultado da autopsia todo apunta a que se trata do fillo desta veciña ribeirense, que reside na zona de Fondevila.

    Consternación

    O mutismo é absoluto entre os veciños que coñeceron os feitos a través da prensa e nin sequera coñecían que a muller estaba embarazada.

    Polo momento, aínda non se produciu a súa detención posto que se trata dunha persoa con discapacidade intelectual. Os feitos foron denunciados despois de que os médicos detectaran que a muller dera a luz sen asistencia nunha consulta rutinaria.

    Redacción Barbanza