Respaldo absoluto da folga convocada por Paradores

    fotoparadores.jpgCAMBADOS> Case a totalidade dos 31 traballadores do Parador do Albariño respaldan a folga convocada a a nivel nacional. Aquí son tres os despedimentos.

    {flowplayer}images/salnes/FolgaParadores.flv{/flowplayer}

    Os traballadores do Parador de Cambados secundaron a folga convocada a nivel nacional. Despois do paro que levaran a cabo durante a ponte da constitución, retoman agora a protesta contra o expediente de regulación de emprego que no caso de Cambados afecta a tres dos 31 empregados. A folga manterase durante os días 31 de decembor e 1 de xaneiro. 

    A última proposta da dirección de Paradores descarta os peches definitivos, fronte ós sete previstos nun principio, reduce de cinco a tres meses a duración dos peches temporais de 27 establecementos e reduce tamén o número de despedimentos dos 644 iniciais a 350. Un achegamento de posturas que non convence ós traballadores, que hoxe desafiaron o temporal que azoutaba Cambados pra amosar o seu desacordo co ERE que a dirección quere levar a cabo. Dende arriba, pola súa banda manteñen que de non facelo están abocados á quebra.

    Despois do seguimento masivo da convocatoria de folga da ponte da constitución, desta volta o resultado foi similar. No Parador do Albariño son tres os traballadores que quedarán sen traballo dunha plantilla formada por 31. Segundo eles, Paradores é viable e os problemas débense a unha mala xestión.

    A dirección de Paradores cifrou as perdas da anterior folga, da ponte de decembro, en dous millóns de euros. A falta de cuantificar as perdas nesta ocasión, os traballadores aseguran que había xa un intento da dirección por acadar menos ingresos. Non ofertando o pack de Noitevella ou non aceptando reservas para a noite do 31. O paro manterase tamén durante todo o día de mañá, e non descartan repetilos no futuro.

    Tanto o alcalde coma os grupos da oposición amosaron xa o seu apoio a estes traballadores, ó igual que o fixo tamén o goberno autonómico. En Cambados tamén contan coa solidariedade de tódolos veciños que ven no Parador do Albariño todo un referente da vila.

    Redacción Salnés