Canal Rías Baixas

Pobra acolle o Campionato Territorial Norte de bateis

POBRA> A proba, que se disputará esta fin de semana, está organizada polo Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo. A práctica totalidade dos clubs pertencentes á zona norte tomarán parte esta fin de semana na dársena pobrense neste campionato de bateis. A proba, organizada polo club local, o Club de Remo Puebla, está aberta a tódalas categorías, dende infantís a senior, tanto masculinas coma femininas. A competición, na que haberá dúas tandas, arrancará o sábado a partir das cinco da tarde, coa disputa das eliminatorias, clasificándose para a final, os dous primeiros de cada unha delas, así como tamén o mellor tempo dos terceiros. A proba será clasificatoria tamén para o campionato galego que se disputará neste mesmo escenario a vindeira fin de semana, os días 19 e 20 de abri As dúas probas contan coa colaboración co concello pobrense, a través da concellería de Deportes, que fai unha aposta importante po reste tipo de competicións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/11/campionatogalegobateispobra110414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/11/campionatogalegobateispobra110414.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version