RIBEIRA> A primeira feira labrega do Barbanza será o sábado 26, na praza do Rueiro, de 10:00 a 19:00. Convídase a cidadanía para dar a coñecer o traballo que se desenvolve nos Foros Ecolóxicos do Barbanza.
Sachos á rúa, así titula a organización esta primeira feira labrega do Barbanza. Nela estarán presentes unha vintena de postos procedentes da comarca, así coma dos municipios de Rois ou Catoira. Todo aquel que por alí se achegue poderá coñecer máis acerca dos produtos que se cultivan nas nosas hortas. Un dos principais obxectivos destas xornadas é fomentar entre a veciñanza o consumo de produtos ecolóxicos e tamén promocionar o comercio local. Desde a entidade indicaron a súa intención de estenderse por toda a comarca. Actualmente teñen foros ecolóxicos en Porto do Son, Ribeira e Rianxo pero queren abarcar novos municipios. Para coñecer máis acerca da súa actividade pasen pola Praza do Rueiro, en Ribeira, este sábado de dez da mañá ás sete da tarde.