Canal Rías Baixas

Presentada a sétima edición da Carreira Popular San Xián de Artes

RIBEIRA> A proba, que se celebrará este próximo domingo, 24 de agosto, é tamén puntuable para o sétimo Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira. Esta mañá tiña lugar a presentación no concello da sétima edición da Carreira Popular San Xián de Artes, proba puntuable para a sétimo Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira. A carreira, organizada polo Centro Recreativo de Artes e o propio concello ribeirense, terá lugar este próximo domingo, 24 de agosto, a partir das once da mañá, contando tamén ca colaboración de diversas entidades e empresas a nivel local. A proba estará aberta a tódalas categorías, dende os máis pequenos ata os veteráns. O edil de Deportes, Juan Luís Martínez, destacou a importancia desta carreira cunha lonxitude, na categoría absoluta, de 6.666 metros, cifra pola que é coñecida popularmente como a ‘Carreira do Demo’, ademais de pola súa dureza. A dureza da proba tamén foi un aspecto destacado polo presidente do Centro Recreativo de Artes, Manuel Reiriz, coorganizador da carreira, que animou a inscribirse na competición. Un dos grandes alicientes da cita será o premio en metálico que cada ano a organización destina ó atleta que consiga bater o récord tanto masculino coma feminino. As inscricións na proba poderán realizarse ata mañá xoves na páxina web www.emesports.com. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/presentacioncarreirapopularartes2008141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/presentacioncarreirapopularartes200814.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version