Os socialistas barbanzáns reclaman maior investimento na comarca

    BOIRO> A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, mantivo onte pola noite en Boiro unha reunión de traballo cos representantes desta formación política en todo o Barbanza. Na xuntanza púxose de manifesto o escaso investimento previsto para a comarca nos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano que vén.

    Acompañada do coordinador comarcal, Carlos Gey, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, mantivo en Boiro unha reunión de traballo á que asistiron a práctica totalidade dos voceiros e representantes desta formación política, non só no Barbanza senón tamén da comarca de Muros Noia. Na xuntanza analizouse o escaso investimento que o Goberno Galego destinou este ano a esta zona, tan só 4,67 euros por habitante polo que esperan que a situación non se repita. Tamén abordaron os recurtes que o Executivo de Núñez Feijoo realizou en sectores estratéxicos como a sanidade e o ensino, poñendo coma exemplo a supresión de 151 profesores na comarca do Barbanza dende o ano 2010. Por esta razón a secretaria de Organización dos socialistas galegos defendeu a importancia desta comarca, agardando un maior investimento para ela nos Orzamentos Xerais da Xunta para o próximo ano 2015. Durante a reunión analizouse tamén a próxima celebración das eleccións municipais. Así Pilar Cancela lembroulles ós seus compañeiros de formación da importancia que terán estes comicios e da necesidade de acadar uns bos resultados para demostrar dende os concellos que hai outra forma de facer política, unha política segundo ela baseada na creación de emprego e na defensa dos servizos públicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/reuniontraballosecretariaorganizacionPSOE21510141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/reuniontraballosecretariaorganizacionPSOE2151014.mp4{/flowplayer}