Canal Rías Baixas

O Boiro aspira a meterse nos cuartos de final da Copa RFEF

BOIRO> Os boirenses parten cunha lixeira vantaxe sobre o Arandina, grazas ó tanto conseguido por David Añón no partido de ida. O Club Deportivo Boiro vivirá mañá novamente unha xornada histórica. Os de Juan Carlos Andrés optan a poder meterse nos cuartos de final da Copa Federación. Deberán superar ó Arandina, ó que xa venceron no partido de ida por un tanto a cero, grazas ó gol conseguido por David Añón en terras castelá-leonesas. Nese partido os boirenses mostráronse moi superiores a un rival, líder do grupo 8 da Terceira División, que ata ese día non coñecía a derrota no seu campo. Aínda así nas filas do Boiro non se fían do Arandina, polo que fan un chamamento ós seus afeccionados a que acudan mañá ata Vista Alegre para animar ós xogadores, xa que de seguro será un partido complexo. Os socios poderán entrar gratis, presentando o seu carné Por outra banda a directiva segue a traballar no reforzo do actual plantel coa finalidade de ir mellorando a actual clasificación. Neste sentido vén de pechar a contratación dun novo xogador, trátase de Carmelo Yuste, un centrocampista de corte defensivo de trinta anos con experiencia tanto en Segunda como en Segunda B que procede do Sariñena, da Terceira División aragonesa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/previoeliminatoriafutbolboiro2101151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/previoeliminatoriafutbolboiro210115.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version