Os nacionalistas do Salnés afirman que os orzamentos da Xunta ningunean a comarca

    VILAGARCIA> Os nacionalistas de O Salnés critican os orzamentos da Xunta de Galicia para a comarca. A deputada autonómica, Montse Prado, cualificounos na súa comparecencia ante os medios de “caciquís e partidistas”. “Os orzamentos da Xunta de Galicia ningunean ao Salnés”, así de clara se mostrou a deputada autonómica, Montse Prado, na súa comparecencia ante os medios, este mércores. Para os nacionalistas a comarca non está presente nos orzamentos da administración autonómica para este 2018, e cualifícaos de “partidistas e caciquís”. A falta de inversión en sanidade, en educación, a falta de compromiso cos novos xulgados para Vilagarcía ou Cambados, motivan a idea de que estes orzamentos “ningunean e non serven para mellorar as necesidades que plantexa a comarca”.